EconomíaEconomíaÚltima hora

Máis axudas para a aerotermia

O plan de Iberdrola, unificando descontos directos e deduccións fiscais, pode superar o 75% de aforro

Cedida.

 

A través dunha nota de prensa, Iberdrola vén de informar de que lanza un programa de axudas de ata 5.000 euros por vivenda para incrementar o incentivo das medidas relacionadas coa aerotermia aprobadas no recente RD 07/2026, o que permite superar o 75% de desconto na súa instalación. “A electrificación é unha solución clave contra as crises enerxéticas ao reducir a dependencia de combustibles fósiles, mellorar a seguridade da subministración e fomentar a independencia enerxética nacional. Máis do 40% do consumo enerxético de España procede da calor, segundo o IDAE, polo que á hora de impulsar a transición enerxética é clave substituír os combustibles fósiles por electricidade no sector”.

Tanto unifamiliares como comunidades de veciños contarán cunha redución do 60% do investimento ata 9.000 euros e en pisos do 40% do importe ata 3.000 euros. Alén das deducións fiscais, o Real Decreto inclúe máis medidas de apoio para a aerotermia, como reducións dos impostos do IBI e do ICIO, que se suman á baixada do imposto eléctrico do 5,11% ao 0,5% e do IVE da electricidade do 21% ao 10%.

“España destaca por ter unha alta xeración renovable en Europa. As familias españolas poden beneficiarse desta realidade investindo en aerotermia, un sistema de climatización sostible e de alta eficiencia, que logra aforros de ata un 70% da enerxía para a calefacción no caso de dispoñer de chan radiante e de ata un 40% se son radiadores, ao mesmo tempo que permite protexerse ante as fluctuaciones de prezos dos combustibles fósiles”, segundo Iberdrola.

O plan de axudas adicionais desta compañía contempla, segundo indica, 400 euros de desconto directo, 1.000 euros de bonificación a través do programa Mi Iberdrola, trocables no contrato da luz, e ata 3.600 euros de desconto tamén directo en concepto de Certificados de Aforro Enerxético (CAE), en función da zona climática onde se sitúe a vivenda. O sistema CAE transforma o aforro enerxético logrado tras levar a cabo unha actuación de mellora de eficiencia enerxética, neste caso por cambiar unha caldeira de combustión por unha aerotermia, en diñeiro, que Iberdrola ofrece como desconto directo no contrato de aerotermia.

Así, para unha vivenda unifamiliar entre 100 e 200 metros cadrados, o desconto situaríase próximo ao 80%, sumando deducións e o plan de Iberdrola, mentres que a media nun piso en altura ao redor dos 100 metros situaríase no 65% de aforro.

Back to top button