
Patacas Fritas Jalys e Expourense asinaron un convenio de colaboración para participar na 27ª edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará do 19 ao 22 de novembro en Ourense. O acordo, formalizado co director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, permitirá celebrar a cuarta edición de Devorajalys, un concurso que se converteu nunha das actividades máis divertidas e esperadas polos seguidores da marca.
Tras o enorme éxito cultivado o pasado ano, cando la elevada afluencia de público e o interese por participar superaron as expectativas da organización, Patacas Fritas Jalys decidiu reforzar a súa aposta por esta iniciativa. Nesta ocasión, Devorajalys celebrarase o sábado 21 de novembro, ás 19:30 horas, no hall de Expourense, un espazo que permitirá dar maior visibilidade ao concurso e facilitar que máis visitantes poidan desfrutar do espectáculo.
As prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición, a través da páxina web www.patatasfritasjalys.es.

Máis de 1.000 euros en premios para os mellores devoradores de Jalys
Baixo a pregunta Cantas Jalys es quen de devorar nun minuto?, o concurso volverá poñer a proba a rapidez e habilidade dos participantes, que deberán comer la maior cantidade posible de patacas fritas en tan só 60 segundos.
Este ano, Patacas Fritas Jalys quixo subir a aposta cunha dotación de máis de 1.000 euros en premios, grazas tamén á colaboración de diferentes empresas que se sumaron a esta cuarta edición.
O primeiro premio consistirá nunha escapada de fin de semana para dúas persoas á Ribeira Sacra, cunha estancia de dúas noites nos Apartamentos Río Sil, unha visita á olería tradicional de Gundivós e unha experiencia nunha adega da Denominación de Orixe Ribeira Sacra con cata de viños. Ademais, o gañador recibirá un bono de 100 euros en combustible da estación de servizo Antela.
O segundo premio será un pack de produtos de Carnicería Davila, acompañado dun bono de 50 euros en combustible de Antela. Pola súa banda, o terceiro clasificado recibirá un pack de produtos de Aceites Abril e un bono de 25 euros en combustible, tamén de Antela.
Con estes premios, a firma ourensá busca recoñecer o esforzo dos participantes e seguir facendo de Devorajalys unha experiencia gastronómica diferente, en la que a diversión, o bo ambiente e as patacas fritas son os grandes protagonistas.

Degustacións gratuítas para todos os visitantes de Xantar
A participación de Patacas Fritas Jalys en Xantar 2026 irá moito máis alá do concurso. Durante a feira, a empresa ofrecerá degustacións gratuítas das súas patacas fritas a todas as persoas que se acheguen á súa caseta, co obxectivo de dar a coñecer a súa variedade de produtos e sabores.
Entre as propostas que poderán descubrir os visitantes atópanse as patacas fritas con sabor a allo e churrasco, dúas das variedades máis demandadas, xunto coas súas clásicas patacas fritas, las picantes e a opción sen sal. Desta forma, Jalys aproveitará a súa presenza nun dos principais encontros gastronómicos de Galicia para achegar os seus produtos ao público e compartir a súa paixón polas patacas fritas, combinando degustacións, entretemento e participación.
Coa firma deste convenio e a celebración da cuarta edición de Devorajalys, Patacas Fritas Jalys reafirma o seu compromiso con Xantar e coa promoción do produto agroalimentario galego, apostando por iniciativas orixinais que achegan as marcas ao consumidor e contribúen a dinamizar a actividade do certame.