OurenseÚltima hora

Máis de 150.000 euros en obras no concello de Parada de Sil

 

Tratando de seguir na procura da mellora das condición de vida dos veciños e veciñas, o concello acaba de adxudicar mediante procesos de licitación tres importantes obras  de signo variado que xa se están executando.

Atendendo as necesidades máis urxentes e de acordo ó prometido , unha obra é a mellora do abastecemento de auga ós depósitos de Paradellas que subministran a auga potable a maior parte dos pobos da Montaña. Esta obra consiste en facer  dous pozos para implementar os mananciais actuais por importe de 30.000 euros.

Tamén o alcalde Aquilino Domínguez estaba preocupado para solucionar o arranxo dunha pista que dende o pobo de Forcas vai o límite do Concello de Montederramo, que aínda que é un tramo pequeno estaba practicamente intransitable. Pois ben neste momento estase reparando por un importe de 36.332, 73 euros

E por último e seguindo coa estreita colaboración coa asociación de propietarios de soutos na posta en valor dos soutos comparte clave da paisaxe deste concello na Ribeira Sacra e a valorización da castaña como recurso agro forestal local , foi adxudicada a construción dunha nave para esta finalidade que se pretende dotar con equipamento adecuado.

Estas obras fináncianse con fondos propios,  fondos do Plan de Cooperación da Deputación Provincial cos concellos e fondos de AGADER.

Remata o alcalde dicindo que seguirá traballando para cumprir o mais importante do programa electoral.

 

Back to top button