DeportesFútbolÚltima hora

Máis de 200 futbolistas prebenxamíns participarán no I Memorial Antonio Varela, no campo de Velle

 

O campo municipal de Velle será o escenario este sábado, 23 de maio, da primeira edición do Memorial Antonio Varela. O torneo, organizado polo Club Deportivo Velle en homenaxe ao seu primeiro presidente, reunirá a máis de 200 futbolistas de categoría prebenxamín (6 e 7 anos) pertencentes a 16 equipos de toda a provincia. A xornada deportiva estenderase desde as 10 ata as 20 horas. O sistema de competición constará dunha primeira fase de grupos e de eliminatorias pos-teriores ata chegar á gran final.

O evento terá tamén unha finalidade benéfica. As entradas terán un prezo de 5 euros, dos cales 2 euros por tícket irán destinados a apoiar o labor da asociación Por Eles TEA.

O salón de plenos do Concello de Ourense acollía a presentación oficial do torneo, que conta coa colaboración do Concello, a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia e diferentes empresas. Asistiron ao acto o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, o asesor de deportes da Deputación de Ourense, Quique Álvarez, o xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez. Por parte do Club Deportivo Velle participaron o presidente, Paco Sotelo e o directivo Javier Novoa, e pola asociación Por Eles TEA: Eva Guzmán (presidenta), María Dolores Losada (vicepresidenta) e Monse Salgado (vogal).

Back to top button