Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Máis de 260 participantes na IV Andaina e Trail San Xil de Casaio (Carballeda de Valdeorras)

 

Cunha notable participación desenvolvíase a IV Andaina e Trail San Xil de Casaio nesta fin de semana, en concreto o sábado 27 de setembro. Máis de 260 persoas inscribíanse nesta proba, con saída e meta na praza de Casaio (Carballeda de Valdeorras).

Nesta edición o apartado de trail contaba cun dúas opcións para os corredores: un Trail longo con 34 km (saída ás 9 horas) e un Trail curto con 20 km (que se iniciaba ás 9:30h.). Ademais o programa da proba incluía unha andaina longa con 20 km e outra andaina curta con 16 km (saída ás 09:30 horas).

Os ganadores de cada unha das modalidades son os seguintes:

Trail longo:

1º Xenxo Laso Vázquez (03:05:48)
2º Iván Redondo Vidal (03:11:19)
3º Luis García Iglesias (03:11:19)

1º Rita Fernández Vieito (03:41:11)
2º María Susín Espeja (04:18:52)
3º Rebeca Vázquez Dopazo (04:24:12)

 

 

Trail curto:

1º Alejo Ares Prada (01:56:29)
2º Paulo Barrios Cid (02:03:10)
3º Ángel Prada Castro (02:05:30)

1º Ana Belén Nogueira Álvarez (02:39:29)
2º Laura Álvarez (02:39:50)
3º Conchi Conde (02:49:51)

Este evento deportivo discorría sen ningún incidente, tal e como confirmaba a organización. “Moitos participantes viñan de diferentes puntos de Galicia e tamén había gran presenza de Valdeorras. Todos gozaron desta proba polos montes de Casaio, puidendo comprobar a gravidade dos incendios pasados”, din os promotores.

 

 

 

Esta IV Andaina e Trail San Xil de Casaio desenvolvíase cun amplo dispositivo de seguridade, composto por máis de 60 voluntarios, ademais de contar coas agrupacións de Protección Civil do Barco, A Rúa, Petín, O Bolo, Manzaneda e Villamartín, unha ambulancia con médico e todos os avituallamientos dispoñían de padiola e botiquín de primeiros auxilios.

A proba estará organizada pola CMVMC da Serra de Casaio e Lardeira e Rutas Xanzá.

Fotos cedidas.

 

Back to top button