DeportesÚltima hora

Máis de 30 participantes na primeira quedada “Espazo BTT do Bolo”

 

A primeira das quedadas do “Espazo BTT do Bolo”, pensadas para os afeccionados ao ciclismo de montaña, celebrábase na mañá deste domingo 18 de outubro e reunía a uns 30 participantes. Contaba con 42 km de percorrido que acumulaban un desnivel positivo de 1.430 m.

 

 

Este cita ciclista, organizada por Rutas Xanzá, o Concello do Bolo e o Club San Xil-Casaio, comezaba ás 9:30h. e desenvolvíase con “toda normalidade nunha mañá fría”, segundo os organizadores, que tamén sinalan que os participantes resaltaban “a espectacularidade do percorrido por zonas de carballos, castiñeiros e viñedos”.

A organización contaba coa colaboración de voluntarios de Protección Civil.

Fotos cedidas.

 

Back to top button