CulturaCulturaÚltima hora

Máis de 300 persoas na 9ª Andaina Popular do San Xoán en Viloira (O Barco)

 

Dun xeito lúdico e deportivo celébrase o San Xoán no Barco. Nesta tarde de luns 23 de xuño tiña lugar a 9º edición da Andaina Popular de San Xoán, que tras a pasada edición en Éntoma, voltaba á praza Otero Pedrayo de Viloira. O programa incluía dúas probas: unha para os nenos (de ata 6 anos) ás 20:30h. e outra popular con saída ás 21h. cun traxecto de 6 km (dende Viloira ata a Praia do Ouro e volta a Viloira). En total a cita reunía a máis de 300 persoas.

 

 

Despois terá lugar unha pancetada popular e non faltarán tampouco agasallos e premios para os participantes. As actividades da festa están organizada polas concellarías de Cultura e Festas e de Deportes e Xuventude.

No desenvolvemento da andaina contábase coa colaboración de voluntarios das agrupacións de Protección Civil do Barco e de Petín, coa Policía Local e con Ambulancias Sil.

Fotos: A.R.

Vídeos: O SIL.

Back to top button