Andainas-Trails-OrientaciónDeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Máis de 70 persoas, na IX Andaina Solidaria da Cruz Vermella de Valdeorras

 

Dende a sede da Cruz Vermella Valdeorras no Barco, na Casa do Río Cigüeño, dábase a saída ás 9:30h. deste 29 de xuño da IX Andaina que organiza esta entidade. Máis de 70 persoas participaban nesta iniciativa benéfica que ofrece dous percorridos aos participantes: un de 6 km de distancia e outro de 12 km.

A organización establece dous puntos de avituallamento ao longo do traxecto. O primeiro deles estará no antigo lavadeiro da localidade de Vilanova. Nese mesmo punto é onde se dividen a ruta longa e a curta. O segundo localizarase no Mosteiro de Xagoaza.

 

 

A entrega de dorsais aos participantes facíase o sábado 28 de xuño, de 10:30h. a 12:30h., e este mesmo domingo no punto de partida da andaina.

 

 

Pouco antes de dar a saída, Jose López “Parra”, dende a organización, daba as últimas indicacións sobre o percorrido aos participantes. Xunto a el, a presidenta da Cruz Vermella Valdeorras, Mariví Núñez, agradecía a participación e animaba aos andaríns a desfrutar da proba e do traxecto. Así mesmo agradecía a colaboración dos voluntarios das agrupacións de Protección Civil do Barco, Petín, O Bolo, Vilamartín de Valdeorras, Manzaneda e Trives, así como a da Cruz Vermella de Verín e Ourense.

 

 

Co organización tamén colaboraba a Policía Local do Barco. Ao remate da andaina haberá unha petiscada e tamén sorteo de agasallos entre os participantes.

Fotos: A.R./ cedidas.

Vídeos: O SIL.

 

 

Back to top button