OurenseÚltima hora

Máis de 80 persoas reúnense arredor da mesa en Forcas (Parada de Sil)

 

A localidade de Forcas, que foi unha das máis grandes do concello de Parada de Sil, reuníase nun xantar con máis de oitenta persoas maiores e xoves para celebrar unha festa que vai a máis grazas ao pulo que lle dan aos organizadores Castor, Esther e José Ramón, e á boa acollida veciñal.

 

 

Reuníanse máis de oitenta persoas nunha localidade na que viven menos de quince habitualmente. Degustábase un sabroso churrasco, empanada e bica e logo animábase o ambiente cun DJ. Din os organizadores que xuntar a maiores e mozos “é a maneira de crear identidade e de non perder a memoria”.

Fotos cedidas.

 

Back to top button