OurenseÚltima hora

Máis de 800 escolares de Ourense participan nos obradoiros de alimentación saudable da Concellería de Educación

 

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza, dentro do Programa Educación en Saúde, un ciclo de obradoiros de alimentación saudable dirixidos a escolares de entre 3 e 5 anos. A iniciativa, enmarcada na celebración do Día da Saúde, chega nesta edición a un total de 807 alumnos e alumnas de 21 centros educativos da cidade.

A concelleira de Educación, Tamara Silva, visitou unha das sesións desta actividade, no colexio Concepción Arenal. O obxectivo principal é promover os bos hábitos alimenticios dende as idades máis temperás, utilizando a educación como ferramenta para que a poboación infantil interiorice pautas de vida sa. Nesta experiencia, os nenos e as nenas degustan distintos pratos adaptados á súa idade, tales como froitas, iogur ou minipizza.

A Concellería de Educación busca con este programa consolidar condutas nutricionais correctas que perduren no tempo e preveñan problemas de saúde derivados dunha mala alimentación.

Back to top button