EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Máis de 800 persoas asisten á primeira edición dunha exitosa Ruta de Viños de Rubiá

 

Valdeorras conta xa cunha nova ruta enogastronómica. Na tardiña deste sábado 15 de agosto, festivo nacional, máis de 800 persoas asistian á I Ruta de Viños de Rubiá que se estendía ao logo das rúas Carballal e Calabazal, onde os asistentes comían e bebían nos postos con viño e comida. Ademais de petiscos variados (embutido, empanada, tortilla, bolos preñados, bica, rosdas,…) tamén había paella e música ambiente.

 

 

O programa arrincaba ás 20:30 horas co pregón e bendición a cargo do cura de Rubiá Don Gregorio que daba paso á ruta na que participaban 11 adegas, animada polos Charangaiteiros.

 

 

O broche, a partir da medianoite correrá por conta de Dj Karayan na explanada das piscinas con acceso libre. Todo un éxito para esta iniciativa organizada por veciños de Rubiá e as piscinas.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button