
Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Asma, os profesionais do Servizo de Neumoloxía da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras queren poñer no infradiagnóstico e infratratamento da asma grave, que agora conta con tratamentos cada vez máis efectivos.
Na provincia de Ourense, 110 pacientes con asma grave están a beneficiarse xa dos tratamentos biolóxicos de última xeración, que permiten controlar a enfermidade en casos complexos e evitar o uso continuado de corticoides sistémicos, evitando os seus efectos secundarios.
Neumoloxía atende ao redor de 250 consultas ao ano por asma grave, non si, como explica Coral González Fernández, do Servizo de Neumoloxía, “os especialistas sospeitamos que a prevalencia de asma grave podería ser moito maior” xa que, indica “existen moitos pacientes que, malia ter síntomas compatibles con asma grave, non están diagnosticados ou están infradiagnosticados, o que supón que non reciben o tratamento máis axeitado” di. Esta situación tradúcese en crises frecuentes, visitas aos servizos de urxencias, uso excesivo de medicación de rescate e unha perda significativa da calidade de vida.
O control da enfermidade é fundamental para evitar complicacións, por elo desde Neumoloxía animan a consultar os síntomas cos especialistas de atención primaria ou directamente cos profesionais do Hospital de Día de Neumoloxía. A captación habitual destes casos veñen precisamente destas tres fontes: primaria, urxencias e hospital de día.
Calidade e vida e control
Os tratamentos biolóxicos, son a nova ferramenta terapeútica con que se conta desde hai uns cinco anos, data da súa extensión e diversificación. A efectividade destes tratamentos permite reducir de xeito notable o uso de corticoides, e os ingresos hospitalarios, ademáis de mellorar a funcionalidade, vida laboral e ocio dos pacientes.
Outra das armas frente a asma é, segundo a Sociedade Española de Neumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR), a especialización como a que existe en Ourense, que conta no Hospital Universitario de Ourense cunha Unidade Especializada de Asma, integrada no Servizo de Neumoloxía, clave para garantir unha atención de calidade, especialmente nos casos máis graves.
Ademais da detección precoz e o seguimento axeitado a continuidade e coordinación asistencial con pediatría é clave, para reducir a carga futura da enfermidade, xa que en Ourense entre o 20 e o 30% dos nenos con asma infantil continúan padecendo esta enfermidade na idade adulta.