ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Máis dun cento de participantes no 4º Barathón de Trives

Este singular roteiro congregaba a veciños da comarca, pero tamén a persoas de Madrid e Ourense

Dende a praza do Pilón partía ás cinco da tarde do 2 de abril a cuarta edición do Barathón de Trives. Este singular percorrido levaba aos participantes por un total de 15 bares da localidade nos que selaban o seu diploma e, xunto coa consumición, recibían un pincho.

Así o traxecto incluía aos seguintes establecementos: O Cafeto, San Martín, Vigo-Madrid, Toral, O Campo, Méndez, Quintela, Casanova, O Pilón, A Cantina do Castro, Boliche, Manolos, Sky, Ardora e Bodegón.

Esta cita reunía a máis dun cento de participantes, segundo a organización, boa parte deles da comarca trivesa, pero tamén doutros puntos como Ourense cidade ou mesmo Madrid. O circuíto completábase ás dez da noite na praza do Reloxio, onde se celebraba un sorteo de quince premios entre todas as persoas asistentes ao Barathón. Os premios incluían ceas, consumicións gratuítas e bicas de Trives.

“Resultou todo moi ben e a hostalaría quedou moi contenta co cal a intención é continuar organizando iniciativas coma estas. Cremos que o formato funciona, é correcto e permite que participe todo o mundo. Ademais é algo positivo que dinamiza o pobo”, explicaban dende a organización.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button