CulturaCulturaÚltima hora

Malabares, humor e contos con Dani Blanco na Biblioteca Florencio D. Gurriarán do Barco

 

Un singular espectáculo de circo despregábase na tarde do 21 de maio na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco da man de Dani Blanco. Presentaba ao público infantil a súa peza “Can de palleiro, outro circo na biblio” a partir das 18:30h.

Entre contos, moito humor, equilibrios, algunha que outra sorpresa e malabares, encandilaba á cativada con esta función que forma parte do programa “Ler Conta Moito” e que se incluía dentro do programa das Festas de Danta Rita.

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

 

Back to top button