EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Mallorca réndese ante os viños de 22 adegas do D.O. Monterrei nun showroom profesional

 

A Denominación de Orixe Monterrei vén de presentar os seus viños na cidade de Mallorca o día 1 de xuño nun showroom profesional celebrado na terraza de Es Baluard nunha localización privilexiada con vistas ao porto. A presentación en Palma permitiu achegar ao mercado balear o traballo vitivinícola do D.O. Monterrei e reforzar a súa presenza en Mallorca, un territorio estratéxico polo seu vínculo coa restauración, a gastronomía mediterránea e o turismo de calidade. O encontro serviu tamén para establecer contacto directo con profesionais da distribución, a hostalería e a comunicación gastronómica das Illas Baleares.

 

 

Neste evento, organizado polo propio Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, os asistentes puideron degustar 29 viños brancos e 16 viños tintos de 22 adegas que representaron a Monterrei e cuxa calidade e singularidade non pasou desapercibida entre os invitados. As adegas asistentes foron: Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Ladairo, Fragas do Lecer, Minius, Daniel Fernández (Alba Al-Bar), Franco Basalo, Trasdovento, Triay, Terras do Cigarrón, Pazo de Valdeconde, Vía Arxéntea, Tabú, Terra de Godello, Gargalo, Father 1943, Crego e Monaguillo, Manuel Regueiro García (Serra de Alén), Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Ramón Bigotes, Quinta do Buble, Jose Luis Gómez Ibáñez (Valderello) e Manuel Vázquez Losada.

“Mallorca é unha cidade exclusiva na que os viños de Monterrei deben seguir posicionándose e mostrando a calidade e singularidade diferenciadora que os caracteriza, seguir apostando por estar presentes nesta cidade é algo que temos claro, os nosos viños son un complemento perfecto á climatoloxía e gastronomía balear”, indica o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Manuel Vázquez Losada.

Back to top button