EconomíaEconomíaÚltima hora

Manifestación o 23 de maio no Barco de persoal de Iberdrola contra “a perda de poder adquisitivo e polo emprego”

A marcha sairá ás 12h. dende as proximidades do Hospital Público de Valdeorras e rematará na praza do Concello

Imaxe dunha mobilización anterior de persoal de Iberdrola no Barco./ Foto: O SIL.

 

Para o sábado 23 de maio os sindicatos CIG e ELA teñen convocada no Barco unha manifestación, que sairá ás 12h. dende as proximidades do Hospital Público de Valdeorras e que rematará na praza do Concello da vila.

Os motivos polos que se mobilizan son, entre outros, que mentres que “Iberdrola obtivo un beneficio neto de 25.000 millóns dende o 2021, nese mesmo periodo de tempo os traballadores perdemos un 20% de poder adquisitivo”, din os sindicatos. E indican ademais que “levamos 16 meses sen convenio”.

Outra das motivacións será a defensa do emprego en Galicia. “Isto non é un problema illado só duns poucos traballadores é un problema de todo un territorio. Por todo isto convidamos a todos os empregados, as súas familias, aos xubilados e a toda a veciñanza a acudir a unha manifestación en O Barco de Valdeorras, a unirnos e loitar xuntos por postos de traballo na nosa terra e por unha suba salarial digna que manteña o consumo local”.

Back to top button