Cando se cumpren dez días das tormentas que arrastraban lodo e pedras das zonas queimadas o pasado verán e que acababan cubrindo varias aldeas de Viana do Bolo, unhas 500 persoas manifestábanse este domingo na Gudiña, nunha convocatoria espontánea, para para pedir que a Xunta actúe. Levaban pancartas que dicían “A Bouza sepultada, a Xunta no fai nada”.
Percorrían a localidade, de forma ordenada e seguindo beirarrúas e pasos de peóns, para poñer de manifesto “a falla de resposta da Xunta, ante os danos cas choivas causaron nos pobos de Pixeiros, A Bouza, O Castro e máis Pradocabalos. Sobor de todo é no pobo da Bouza onde os e as veciñas continúan sen poder acceder a totalidade das súas vivendas, as rúas cheas de escombros coma o primeiro día, soportando o fedor de animais mortos, carnes podridas no interior de arcóns e neveras aos que non se pode acceder”, explica o alcalde de Viana do Bolo, Germán García-Ávila, que se sumaba a esta marcha xunto ao rexedor da Gudiña, Néstor Ogando.
Moitos veciños seguen sen poder acceder aos baixos das súas casas e mesmo sen poder entrar nos seus domicilios, inaccesibles polos arrastres.
O alcalde vianés explica que se está á espera da autorización da Xunta para poder depositar os escombros nos lugares dos montes comunais cedidos para tal fin. “Logo de 10 días da catástrofe, os e as veciñas piden un pouco de humanidade e empatía ante a desgraza que están a sufrir”, asegura.
Fotos cedidas.

