En portadaÚltima horaVídeos

Manifestos e música con mensaxe para conmemorar no Barco o Día Internacional da Violencia contra a Muller

 

Cun minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia de xénero comezaba ás 12h. o acto central do Concello do Barco para conmemorar o 25 de novembro. No marco do programa do Día Internacional da Violencia contra as Mulleres tiña lugar na praza do Concello unha concentración.

 

 

No seu decurso dábase lectura a tres manifestos a cargo de alumnos dos IES Martaguisela e Lauro Olmo, e o Colexio Divina Pastora. Despois actuaba Nerea Jiménez, alumna do Conservatorio de Música do Barco, que interpretaba tres cancións con claras mensaxes contra este tipo de violencia.

 

 

 

Finalmente neste acto, presentado polo concelleiro de Servizos Sociais do Barco, Orlando Saavedra, procedíase á lectura da declaración institucional do Concello, onsensuado por todos los grupos políticos. Poñíalle voz a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta.

 

 

O texto íntegro deste manifesto institucional é o seguinte:

O 25 de novembro é un día que nos afecta como sociedade, coa conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Unha data de memoria, de denuncia e de compromiso. Unha xornada para lembrar a todas as mulleres asasinadas a mans da violencia machista, para acompañar ás sobreviventes e ás súas familias. E un día de determinación colectiva para renovar o compromiso do noso país cunha vida libre de violencia para todas as mulleres e as nenas.

A Violencia de Xénero é a expresión máis extrema dunha desigualdade histórica. É unha violación de dereitos humanos, un ataque directo aos valores democráticos e á dignidade das mulleres. Trátase dunha violencia estrutural dirixida cara as mulleres polo mero feito de selo. Non é un fenómeno illado. É un problema de Estado e combatelo non é só unha responsabilidade política, senón un imperativo ético.

Este ano conmemoramos un gran fito, a renovación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, aprobado o pasado mes de febreiro no Congreso dos Deputados co respaldo maioritario dos grupos parlamentarios. Este novo acordo amplía o número de medidas, de 290 a 462, incorporando novas formas de violencia como: a violencia económica, a violencia dixital ou a violencia vicaria; cunha dotación orzamentaria reforzada de 1.500 millóns de euros para o próximos cinco anos.

En coherencia con esta renovación do Pacto de Estado, o pasado mes de setembro, o Consello de Ministros aprobou o anteproxecto de Lei Orgánica de medidas en materia de violencia vicaria, que por primeira vez en Europa tipifica esta forma de violencia como delito autónomo no Código penal.

A violencia vicaria é a forma máis cruel de violencia machista. Ataca as mulleres onde máis doe, a través das súas fillas e fillos. É unha violencia extrema que o Estado ten o deber de previr, de sancionar e de reparar. Na actualidade máis de 1.400 menores están en risco segundo Viogén (Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero). Lexislar sobre este tipo de violencia é un clamor social, que busca visibilizar, recoñecer, previr, sancionar e erradicar esta forma de violencia.

É de vital importancia continuar traballando para que de forma urxente se aprobe a Lei de Violencia vicaria, para seguir reforzando a atención integral ás vítimas, para aumentar a formación especializada de todos os profesionais implicados, e en definitiva, para que o Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero se cumpra e se implemente de xeito efectivo.

Hoxe, como cada 25 de novembro, sumámonos á chamada global impulsada por Nacións Unidas e reafirmamos o noso compromiso coa prevención, atención e reparación da violencia machista. Non daremos nin un paso atrás nesta loita. Porque é posible e é a nosa responsabilidade, a de toda a sociedade, acabar coa violencia contra as mulleres.

A novembro de 2025, temos  38 victimas mortais mullere e 3 menores  vítimas, tamén desta violencia

Desde 2003: 11.333 vítimas mulleres

Desde 2013  65 vítimas de violencia vicaria

Esta é tan só a punta do iceberg, os datos das que perdemos.

O número total de mulleres asistida polo sistema Viogén desde o 2019 a outubro 2025 foi de 897.146 mulleres.

O número de mulleres con protección policial (casos activos con nivel de risco apreciado) ao 31 de outubro de 2025 é de 58.408 mulleres.

Estes datos non poden deixarnos impasibles. Nin este acto é un acto baleiro ou banal. O negacionismo da violencia machista é en si unha forma de violencia machista e na nosa man está denunciar a esa parte da sociedad que aínda nega a violencia de xenero. Non podemos branquexar esa mensaxe.

Hoxe, neste acto, ratificamos o compromiso deste Concello coa loita contra a violencia de xénero en todas as súas expresións.

E así seguiremos educando e creando conciencia na nosa veciñanza nesa loita. Ninguén debe mirar cara a outro lado,  todos e todas  somos necesarios/as.

Seguiremos desenvolvendo as iniciativas de sensibilización e educación en igualdade e prevención da violencia poñendo unha especial atención na infancia, na adolescencia e na mocidade.

Comprometémonos a implementar, dentro das nosas competencias, todas as accións contempladas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Comprometémonos a seguir colaborando co tecido asociativo que traballa pola igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

A violencia machista paramola unidas      

 

 

Ademais procedíase á iluminación de faroliños con luz violenta na entrada do edificio Multiusos.

Fotos e vídeos: O SIL.

Back to top button