En portadaÚltima horaVídeos

Manifestos e música para conmemorar o Día da Muller, no Barco

 

A praza do Concello do Barco acollía a partir das 12h. unha concentración con motivo do Día da Muller ás 12h., que se celebrará mañá, 9 de marzo. No acto procedíase á lectura de manifestos por parte de alumnas do IES Martaguisela, do IES Lauro Olmo e do Colexio Divina Pastora do Barco.

 

 

Despois, Nerea Jiménez abría o apartado de actuacións musicais e, finalmente, dábase lectura á declaración institucional do Concello do Barco. “Como cada 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Concello do Barco súmase a esta xornada de reivindicación e loita. O feminismo é consubstancial á democracia. Só avanzando en igualdade entre homes e mulleres e na consecución da plena cidadanía das mulleres, conseguiremos que a nosa sociedade avance de maneira digna e xusta”, comezaba dicindo esta declaración, asinada polos tres grupos políticos municipais: PSdeG-PSOE, PP e BNG.

 

 

O texto da declaración incide en cuestións como o fomento dos dereitos das mulleres e nenas, a promoción da igualdade de xénero, o impulso do empoderamento, en romper contra a desigualdade ou en “desterrar a idea que tradicionalmente asocia ás mulleres cos coidados”.

Neste senso, o Concello comprométese a “promover campañas de prevención e sensibilización contra a violencia contra as mulleres en calquera ámbito, dando apoio integral ás mulleres vítimas e traballando na erradicación das violencia machista. Por todo o que levamos percorrido e polo camiño que queda por facer”.

Pola tarde está prevista ás 21 horas no Teatro Lauro Olmo o monólogo “Cita con tu Sexóloga”, de Silvia Pérez.

Fotos e vídeos: O SIL.

Back to top button