SanidadeÚltima hora

Mantéñense confinadas de maneira preventiva 70 persoas na residencia de Rubiá

 

Tal como informan dende o 112 Galicia, as medidas de protección á cidadanía permanecen vixentes nas zonas afectadas polos incendios forestais na provincia de Ourense, onde permanece activada a Situación 2.

“Nestes momentos, ningunha vía de circulación principal se atopa cortada, aínda que si sigue interrompido o tráfico ferroviario”, din.

Tampouco se rexistraron novas evacuacións, pero, en canto ás residencias, “mantéñense confinadas de maneira preventiva 70 persoas na residencia de Rubiá e 56 en dous centros de Carballeda de Avia”. Segundo confirmou a Consellería de Política Social, “todas as persoas evacuadas nos últimos días están xa no seu centro de orixe”.

Back to top button