
Segundo os datos remitidos por MeteoSalud e MeteoGalicia, e no ámbito do Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas para mañá mércores, día 29, o nivel de alerta por episodio de calor na zona de Valdeorras será 1, amarelo.
O mapa da Dirección Xeral de Saúde Pública, as recomendacións e o Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, están dispoñibles nesta ligazón.