ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Manzaneda e Chandrexa reciben aos 200 participantes da Ruta Quetzal

 

Chandrexa de Queixa e Manzaneda veñen de converterse en anfitrións da Ruta Queztal que nestes días recala na Ribeira Sacra. Onte tiña lugar en Chandrexa o acto de presentación, no que participaban os alcaldes de Chandrexa e Manzaneda, Francisco Rodríguez e Amable Fernández, respectivamente; así como a xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Alexandra Seara. Ademais os mozos participantes en diferentes actividades, coa implicación da poboación local.

 

 

Esta mañá en Manzaneda realizábase unha recepción das 200 mozas e mozos de entre 15 e 16 anos (escollidos pola mellor nota media do curso en cada Comunidade Autónoma), no Centro de Día coa asistencia de Cecilio Santalices, xefe territorial da Axencia Galega de Turismo en Ourense, así como do alcalde de Manzaneda.

 

 

Tamén se proxectaba un vídeo comentado as peculariedades e a biodiversidade do territorio do municipio: dende Cabeza Grande de Manzaneda a 1782 m, e paisaxes de vales glaciares, a soutos centenarios, praderías a os viñedos en solcacos D.O Ribeira Sacra. “A visión real do rural que lle fagamos ver á xuventude é a mellor das estratexias de lograr profesionais con compromiso sólido nas nosas áreas de montaña”, destacan dende o Concello de Manzaneda.

 

 

Os concellos de Chandrexa e Manzaneda forman parte do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra dende o 2023 e conforman parte da capitalidade compartida da Montaña Española.

 

 

https://youtube.com/shorts/XAkMVtY5PvM?feature=share

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button