CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Manzaneda, onde reinan as gaitas

Cabeza Grande de Manzaneda acollía o domingo 30 de xullo o XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

 

 

 

Numerosas persoas se congregaban no cume de Cabeza de Manzaneda na xornada do 30 de xullo para asistir ao XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. Nel participaban máis de 300 gaiteiros que ían actuando no campo de competición. O acto comezaba coa cerimonia de izado de bandeiras, e logo dábase paso ás actuacións da bandas de 4º grao e de 3º grao, á campionato de bastóns de mando e ao campionato de gaiteiros solitas.

 

 

Xa na parte final do programa, actuaban as bandas de 2º e de 1º grao. Arredor das dúas da tarde realizábase a ofrenda floral ante o monumento a Gabino García (alcalde de Manzaneda entre 1974 e 1995), á entrega de premios desta edición e tamén a entrega do destigo ao alcalde de Xinzo de Limia.

 

 

O certame, que contaba coa presenza de diversas autoridades (entre elas o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e o deputado provincial Xosé Miguel Pérez), finalizaba coa interpretación conxunta do Himno do Antergo Reino de Galicia.

 

 

 

 

Este XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas ten sido organizado pola Deputación de Ourense coa colaboración do Concello de Manzaneda e a Xunta de Galicia, así como tamén co apoio da propia estación de montaña. Este evento que iniciaba as súas actividades na tarde do sábado, día 29, coa celebración do VI Serán da Seitura na vila de Manzaneda e a Noite Celta, xa na estación.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button