ConcellosManzanedaÚltima horaVídeos

Manzaneda pon en valor o seu patrimonio bailando e cantando

 

Con diferentes propostas, dende rutas ata cantos e danzas, Manzaneda pon en valor o seu patrimonio cultural e natural nesta fin de semana de xullo. O municipio está sendo escenario dunha “Festa Mutante”, promovida por Outonía S. Cooperativa Galega en colaboración co Concello de Manzaneda, no marco do proxecto “Laboratorio Mutante”.

 

 

As actividades comezaban pasadas as 12 do mediodía cun animado pasarrúas polos bares da vila de Manzaneda da man de Quinchosa Oscura e as Fabolosas, que logo percorrían o camiño a Pumbariños, para rematar cunha romaría e foliada no Monumento Natural Souto de Rozavales, xunto ao Castiñeiro de Pumbariños. As actividades continuarán mañá domingo.

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button