
O Concello de Manzaneda vén de facer público o programa de actos do seu Entroido tradicional, declarado Festa de Interese Turístico Galego. Na súa organización colaboración a Asociación Fulión de Pumbariños, Asociación Langullo, Asociación do Fulión da Mourela p’acá.
O día central será o Martes de Entroido, 4 de marzo, co desfile de fulións, tras a preceptiva petición de permiso, dende a zona do CEIP de Manzaneda a partir as 11:30h. Despois da ronda, na que acostuman participar os fulións de Manzaneda e tamén outros convidados de zonas próximas, está pevisto o xantar popular no pavillón.
Pero o calendario do Entroido comezará xa o Xoves de Compadres, día 20 de febreiro, seguirá o 22 de febreiro coa Fuliada da Mourela p’acá, que este ano será en Cernado a partir das 11h.
Non faltarán as saídas dos fulións á tardiña en datas como sábados e domingos ata o 2 de marzo e iniciativs como unha ronda da cativada do CEIP de Manzaneda e da Casa Niño O Bicarelo o 28 de febreiro.