A raqueta convertíase en protagonista nesta fin de semana na Pobra de Trives. A vila acollía un Torneo de Pádel con ata oito parellas en competición distribuídas en dous grupos. Finalmente, proclamábanse campións da competición Marcos Domínguez Bruno Quintela, que recibían como premio unhas pas de pádel, cedidas pola empresa colaboradora MYPARQUE.

O segundo posto da clasificación correspondíalle a Alex Álvarez e Jacobo Martínez, mentres que o terceiro posto lográbano Simón Rodríguez e Jorge Jorge. Todas as persoas participantes recibiron como agasallo un chaveiro de pádel.
Dende o Concello de Trives maniféstanse os seus “parabéns a todas as parellas participantes por esta gran xornada deportiva e grazas a Myparque pola súa colaboración e apoio ao torneo. Seguimos apostando polo deporte e pola participación”.
Fotos cedidas.
