ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Margarita Castro, veciña de Viana do Bolo, celebra o seu 102 aniversario

 

Neste 5 de outubro, Margarita Castro Salgado, veciña do municipio de Viana do Bolo celebraba os seus 102 anos. Con motivo desta celebración, que estivo rodeada de persoas queridas, recibía un ramo de flores e unha tarta do Concello de Viana do Bolo, a través da súa alcaldesa, Graciela Diéguez, que lle expresaba así mesmo seus “parabéns máis sinceros, desexándolle moita saúde e que poidamos seguir compartindo con ela moitos máis momentos e aniversarios”.

Foto: Concello de Viana do Bolo

Back to top button