ConcellosRubiáÚltima hora

María Carmen Alejandre López, nova centenaria en Quereño (Rubiá)

 

O 23 de abril de 1926 nacía en Quereño, no concello de Rubiá, María Carmen Alejandre López, unha das moitas emigrantes galegas que marchaba a Arxentina na procura dun mellor futuro. O destino ou a casualidade quixo que alí coñecese a outro valdeorrés, Amaro Gudiña Escuredo, natural de San Fiz (Petín) con que casaría antes de volver para España.

 

 

Froito dese matrimonio, que tiveron que ratificar para ter validez no seu país de orixe, nacía Matilde, a súa única filla coa que actualmente vive en Ponferrada (Léon). E precisamente na cidade veciña era onde o pasado 23 de abril celebraba por todo o alto o seu 100 aniversario, rodeada por familiares (a filla, o xenro, os netos e primos), amigos e veciños de Quereño onde pasa longas tempadas.

“Agora case estamos máis tempo alí que en Ponferrada e seguramente acabemos por asentarnos definitivamente”, asegura Matilde, recoñecendo o bo estado no que se atopa a súa nai. Non hai máis que ver as imaxes para percatarse do bo aspecto físico, pero tamén o mental, entretendo ás veciñas da aldea, especialmente nos meses de inverno, coas numerosas aventuras e desventuras vividas ao longo do seu século de vida.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button