EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

María José Huertas dirixe unha cata especial de 12 viños brancos da D.O. Ribeiro con gran potencial de garda

Esta sumiller aseguda que os "Ribeiros, sen perder a súa frescura e elegancia, desenvolven interesantes notas terciarias cos anos"

 

A D.O. Ribeiro tras o éxito alcanzado o mes pasado, volveu a la capital española, para mostrar, nesta ocasión, os seus “viños brancos de colección, viños creados para envellecer”. A presentación estivo conducida por María José Huertas, unha das catadoras máis recoñecidas e premiadas a nivel nacional, que leva máis de 25 anos traballando no restaurante de Paco Roncero (2 estrelas Michelin) situado no emblemático Real Casino de Madrid.

A cata guiada, dirixida exclusivamente a catadores, distribuidores, xornalistas, catadores e outros profesionais do sector vinícola madrileño, organizouse co obxectivo principal de que se empapasen por completo da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia a través dunha especial cata con 12 viños, para que puidesen apreciar o gran potencial de garda dos viños da D.O. Ribeiro, elaborados con variedades autóctonas como Treixadura, Albariño, Caíño Branco, Godello… O evento tivo lugar esta mañá na sala de catas da Unión Española de Catadores (UEC), situada na rúa Lope de Vega, en Madrid.

Durante a sesión, que completou capacidade, explicáronse las principais características da D.O. Ribeiro e realizouse unha cata vertical de 12 referencias de diferentes produtores, ofrecendo viños de distintos perfís e colleitas, desde a 2024, 2023, 2022, pasando polas 2020, 2018, 2017 ou 2015 e concluíndo cun viño de 2011. Moitos deles eran plurivarietais, outros, monovarietais de Treixadura, así como algunhas elaboracións máis complexas, cun paso por barrica de carballo ou un importante traballo sobre lías.

 

 

As referencias vinícolas probadas durante a sesión foron fueron As Viñas 2024, Gran Alanís Castes Blancas 2024, La Viñoa 2024, Maino da Vilerma 2024, Fai un Sol de Carallo 2023, A Telleira Caíño Blanco 2022, Moio do Prior 2022, Armán Finca Misenhora 2020, Libro 2018, Ramón do Casar Treixadura 2017, Renacido 2015 y Pousadoiro 2011. A laureada catadora, María José Huertas, sinalou durante a cata que “unha serie de factores serán os responsables dun bo envellecemento nos viños da D.O. Ribeiro. A combinación de variedades autóctonas proporciona complexidade, os solos graníticos achegan verticalidade e un clima atlántico favorece unha maduración lenta. A concentración de uvas de viñedos vellos regálalles profundidade aos seus viños.

“As crianzas sobre lías e o traballo con madeira ben integrada enriquecen a súa textura e complexidade.
Cos anos, os viños da D.O. Ribeiro desenvolven interesantes notas de mel, froitos secos, cera, especias e froita madura, sen perder necesariamente a súa frescura e elegancia”, indican dende a D.O.

Para presidenta do Consello Regulador, Concha Iglesias, este evento supón “un modo de continuar difundindo os viños da D.O. Ribeiro e demostrando a calidade das nosas variedades autóctonas, o que permite que os viños aguanten en perfecto estado durante moitos anos, converténdose noutros viños, de características moi especiais e que todos queremos desfrutar nas nosas mesas, pero acompañados de produtos gastronómicos de maior profundidade, adaptados mellor para estes viños cunha vida tan lonxeva, como por exemplo peixe á brasa, arroces caldosos, cogomelos á grella, queixos galegos madurados ou xamón ibérico”.

Back to top button