ConcellosÚltima horaViana do Bolo

María Remedios Rodríguez cumpre 103 anos e recibe a homenaxe do Concello de Viana

Foto: Concello de Viana do Bolo.

 

O Concello de Viana do Bolo vén de iniciar un programa de homenaxe a todas as persoas que cumpran 100 ou máis anos e que residen no municipio. “Esta homenaxe farase de xeito individual acudindo aos domicilios particulares ou residencias de cada veciño/a cun pequeno agasallo (tarta e flores) para agradecer a súa contribución con traballo e esforzo para facer desta unha sociedade mellor”, explica o Concello, indicando ademais que se trata de “mulleres e homes que superaron épocas duras e de escaseza material, pero que cos seus valores de loita e superación constantes, conseguiron progresos, melloras e dereitos dos que hoxe en día gozamos todos e todas”.

A visita a estas persoas terá lugar en colaboración coas familias e/ou dirección dos centros residenciais e sempre e cando a saúde da persoa homenaxeada o permita. Neste 19 de novembro o Concello de Viana expresa os seus parabéns a María Remedios Rodríguez Prieto de Louzaregos, que onte cumpría 103 anos e que era felicitada polo alcalde vianés, Germán García Ávila.

Back to top button