
Nesta fin de semana, en concreto o día 15 de agosto, María celebraba os seus 103 anos na Residencia de Maiores de Viana do Bolo, rodeada dos seus compañeiros e das súas coidadoras. A esa celebración sumábase o Concello de Viana do Bolo. O seu alcalde felicitábaa e agasallába cun ramo de flores e cunha tarta, desexándolle que poida seguir celebrando moitos máis aniversarios.
Deste xeito, din dende o Concello de Viana, “continuamos co noso recoñecemento e cariño ás persoas centenarias do noso municipio, auténticos tesouros da nosa comunidade”.
Fotos: Concello de Viana do Bolo.
