ConcellosÚltima horaVídeos

Maridando os viños da D.O. Valdeorras cos produtos de calidade da comarca

 

As catas de viños da Denominación de Orixe Valdeorras maridados con diversas elaboracións e produtos da zona eran unha das actividades incluídas no programa complementario da XXV Feira do Viño de Valdeorras. Así na tarde deste 1 de xuño realizábanse dúas actividades deste tipo.

En primeiro lugar, unh cata de viños valdeorreses harmonizados con petiscos do Café Teatro Bajo 5, e despois degustación dunha selección de viños da D.O. Valdeorras maridados con embutidos artesáns da comarca. En ambos casos, as actividades estaban dirixidas por técnicos do CRDO Valdeorras.

 

 

O broche musical da xornada porao o concerto do grupo “Los Alcántara” a partir das 23h. no mesmo recinto feiral.

Fotos: A.R.

Back to top button