EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Maridaxe de música e viño na Adega Blare de Vilanova (O Barco) nunha noite especial polo X aniversario do SilFest

 

Na noitiña do xoves 25 de xuño a Adega Blare de Vilanova (O Barco de Valdeorras) convertíase no escenario perfecto para a maridaxe de música e viño, cunha cata musical protagonizada por dúas artistas locais: a  enóloga Cecilia Fernández e a cantante membro de AMAVA Nerea Jiménez que fixeron desfrutar aos asistentes nunha convinación perfecta.

 

 

“Non é doado manter un evento como este en Valdeorras, por iso pensamos que a X edición había que celebralo por todo o alto”, aseguraba Jorge Álvarez, un dos directores do SilFest Valdeorras, na presentación do evento que forma parte da extensa actividade progamada para a efeméride, máis alá do festival en si que se celebrará á beira do río Sil, no Barco, do 2 ao 5 de xullo.

 

 

Explicou que comezaron no ano 2015 “con moito cariño e tesón e picando moita pedra”, aproveitando o momento para agradecer a colaboración do Concello do Barco “dende o minuto un”, así como á Xunta de Galicia.

 

 

Como “teloneiro” das artistas da noite, o propietario da Adega Blare Herminio Blanco, explicaba aos asistentes que sempre tivo a ilusión de ter unha viña e unha “adeguiña, aínda que fose pequena, coa que diferenciarnos nalgo e pouco a pouco ímolo logrando”. Onte dende logo foi o escenario perfecto para unha pequena gran celebración, na que o propio Herminio e Cristina, se animaron a cantar unhas pezas, facendo do evento unha noite especial.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button