PolíticaÚltima hora

Marisol Díaz encabezará a lista do PP en Ourense nas eleccións galegas

O PPdeG vén de presentar aos cabezas de listas nas catro provincias galegas ás elección galegas 25S
Marisol Díaz, delega da Xunta en Ourense, será a cabeza de lista do PP na provincia nas eleccións galegas./ Foto: Carlos Hervella.
Marisol Díaz, delega da Xunta en Ourense, será a cabeza de lista do PP na provincia nas eleccións galegas./ Foto: Carlos Hervella.

Persoas con experiencia, xestión, representativas e que coñecen as súas responsabilidades. Deste xeito se refería o presidente do PPdeG, Alberto Núñez, as persoas que encabezarán as listas do PP nas catro provincias galegas nas vindeiras eleccións autonómicas do 25 de setembro. Os seus nomes desvelábanse nun acto celebrado na mañá do 17 de agosto en Santiago.

Como número un por Ourense irá, por vez primeira, Marisol Díaz Mouteira, actual delegada da Xunta de Galicia na provincia. O número un por A Coruña será Diego Calvo; Francisco Conde encabezará a lista por Lugo; e como número dous por Pontevedra Alfonso Rueda, que acompañará ao presidente na candidatura que este encabezará nesa provincia.

Ademais, o presidente resaltaba que nas listas do seu partido hai renovación. De feito, á excepción do candidato do PPdeG á Xunta, o resto debutan en calidade de números un. Ademais insistía en que os populares teñen un proxecto sólido, completo e coherente e, por iso, tamén deben presentar unhas listas “sólidas, coherentes e para todos”.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presenta aos cabezas de lista do Partido Popular de Galicia para as vindeiras eleccións autonómicas. Sede do PPdeG, 17 de agosto de 2016
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presenta aos cabezas de lista do Partido Popular de Galicia para as vindeiras eleccións autonómicas. Sede do PPdeG, 17 de agosto de 2016

Artigos relacionados

Back to top button