CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Masterclass de canto, este sábado 7 de marzo no local de ensaio de AMAVA, no Barco

Jam Session de AMAVA no Escoditte Inglés, na Rúa./ Foto cedida.

 

Tal como avanzaban na reunión celebrada a mediados de febreiro, a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras (AMAVA) comezou xa a dar forma aos proxectos deste ano, entre os que inclúe a idea de “impartir e recibir formación doutros instrumentos e modalidades musicais”, a maiores da de batería que está tendo moi boa acollida.

Así, este sábado 7 de marzo terán unha masterclass de canto impartida por Diego Fernández Vilela, profesor de conservatorio para “buscar a voz de cada un e aprender técnica vogal”.

Será a partir das 11 horas no local de ensaio da asociación, en Calabagueiros.

 

 

 

 

Back to top button