DeportesÚltima hora

Mateo Valcarce e Paula Cela, dous valdeorreses no nacional Sub16 de marcha en ruta

Os atletas do Adas, Mateo Valcarce e Paula Cela, no nacional de marcha en Zaragoza./ Foto cedida.

 

Presenza valdeorresa no Campionato de España Sub16 de marcha en ruta que se está a desenvolver neste 25 de febreiro en Zaragoza. Nesta cita nacional participaban dous atletas barquenses do Club Adas Cupa: Mateo Valcarce e Paula Cela.

A primeira en competir era Paula Cela, quen tomaba a saída ás 13h. na final feminina de 5 km marcha, onde lograba situarse no posto 57 dunha proba con 76 participantes. A valdeorresa facía unha marca de 29:42.

Despois era a quenda de Mateo Valcarce, que competía na final masculina nesa mesma distancia e ademais formaba parte da selección galega nesta proba. O barquense lograba situarse nun destacado posto 16 da clasificación, cun rexistro de 25:21. Ademais a selección galega nesta categoría, da que formaba parte, lograba unha sexta posición.

Artigos relacionados

Back to top button