DeportesÚltima hora

Mateo Valcarce loitará polo título galego nos 3.000 marcha Sub16, o 21 de xuño no Barco

Mateo Valcarce (Club Adas Cupa), nas pistas de atletismo Luis Nogueira do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os campionatos galegos volven ás pistas de atletismo de Luis Nogueira do Barco de Valdeorras. Na vindeira fin de semana, en concreto o día 21, serán escenario do Campionato Xunta de Galicia Sub16, ao que están chamados a tomar parte os mellores especialistas galegos do momento.

Especialmente seguida será a proba de marcha. O plusmarquista galego e campión de España dos 5K en ruta da pasada edición de Marín, o barquense Mateo Valcarce do Adas Cupa, será xunto a Antón Díaz do At. Narón, dous dos rivais a batir na distancia dos 3.000 marcha.

Entre os atletas participantes estará tamén Olivia Gutiérrez do At. Feminino Celta quen se posiciona como seria aspirante a lograr o dobrete tanto na proba dos 100 m. como na dos 300 m. nas que a credita a mellor marca das participantes. Na categoría masculina Mateo Refojo do Rías Baixas, parte de igual modo como favorito nos 100 m. sobre os cales estará intentando baixar da barreira dos 11.00 segundos.

Sobre os 600 m. Lucía Dopico do Coruña Comarca lidera por rexistro a distancia malia que haberá que estar pendente ao que poida facer Carmen Paz do Atletismo Noia.

Xa na distancia dos “miles” o recente plusmarquista galego Xoel Franco do Beade, estará loitando por mellorar o seu propio rexistro de 2:27.02 ao igual que fará Lucía Cando da Polideportiva Lucense co seu crono persoal de 3:00.38.

Seguindo coas distancias longas, os 3.000 m. contarán ca presenza do lucense Enrique García da Atlética Lucense como claro favorito grazas aos seus 9:02.98.

Interesantísima plantexa a disputa que manterán sobre os 300 valos Alba Comesaña da Agrupación Viguesa con Rebeca Prieto do Riazor Coruña, ambas tan só separadas por doce centésimas. Sen abandoar a especialidade, o plusmarquista galego dos 100 valos Joel Santana do Celta Atletismo, terá unha boa oportunidade para “atacar” a súa MMP. Mauro Seguín do Marineda Atlético pola súa banda, intentará rebaixar a barreira dos 40 segundos sobre dos 300 valos que lidera con claridade.

En altura Irene Méndez do Celta Atletismo acude ca mellor marca das participantes de 1.66 m. situandose a tan só 3 centimétros Sara Faraldo do At. Sada. Algo máis “relaxado” a priori estará Beltrán Rivas do At. Deza sobre o mesmo listón grazas aos seus 1.87 m.

Tamén haberá que estar atentos a Bruno Castro do Coruña Comarca que lograba recentemente o récord galego de triplo con 14.00 m,. situándose en lonxitude a 17 cm. do mítico récord galego de Ignacio Coo de 6.66 m. e que data nada menos que do ano 1973.

Claro dominio a priori tanto de Paula Carrión do Ourense At. en pértega con 3.11 m. e de Gabriela Bouzada do Celta Atletismno en xavelina con 45.94 m.

Nos lanzamentos Adrián Cabaleiro da Gimnástica aspira a lograr os títulos de disco e xavelina, as cales lidera por marcas.

Back to top button