DeportesÚltima hora

Medidas de prevención e recomendacións do Concello do Barco na X Andaina do San Xoán na tarde-noite de hoxe

Imaxe dunha edición anterior da andaina./ Foto: A.R.

 

Segundo o anunciado, o Concello do Barco, a través da súa Concellería de Deporte e Xuventude, celebra esta tarde a X edición da Andaina do San Xoán, con saída e meta na praza Otero Pedrayo de Viloira. Di o Concello que, na súa última actualización, “a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) rebaixou o nivel vermello do aviso por temperaturas máximas anunciado onte, ao nivel amarelo a partir do mediodía de hoxe e ata a noite, onde se poden acadar os 38 ºC”.

Ante esta situación, aconséllase reforzar a inxesta de líquidos e utilizar roupa e calzado adecuados para a actividade. “Prégase que ante calquera problema de saúde, prioricen a seguridade. Lémbrase que poden asistir á pancetada e festa posterior igualmente, portando o seu dorsal, se estiman que non deben realizar a camiñada”, segundo sinala o Concello do Barco.

A proba dos nenos consistirá nunha xincana á sombra na Praza de Viloira. Para a proba dos adultos, o percorrido é plano, sen costas e aproveitando todas as sombras ao longo do Paseo do Malecón.

Back to top button