EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Medio cento de viños optan aos premios da XXVII Cata da D.O. Valdeorras

 

A partir das 10h. deste 19 de xuño no Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, no municipio de Vilamartín. reuníanse os membros o panel da XXVII Cata de viños desta D.O. Entre eles hai profesionais procedentes de España, Portugal e Alemaña.

Os catadores valoraban un total de 50 mostras, das que 27 eran de brancos e 13 de tintos. Desta volta non se presentaba ningún tostado, escumoso nin rosado ao certame.

Os resultados da súa puntuación darán lugar aos premios que se entregarán mañá pola tarde no Complexo Hostaleiro Paladium, tamén en Vilamartín de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button