CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Medio Día do Club e chourizada popular no CD Barco-CD Boiro, este domingo 15 de novembro

 

O partido do vindeiro domingo 15 de novembro no campo municipal de Calabagueiros será especial. Sobre o terreo de xogo, o CD Barco (4º clasificado na Terceira Futgal) enfrontarase ao líder, CD Boiro, na estrea oficial do novo técnico vermello Brais Prados.

E con respecto á afección, será o Medio Día do Club con entrada para socios de 5 euros máis bufanda (5 euros, opcional) e no descanso do partido haberá unha nova chourizada popular por xentileza da directiva.

O partido comezará ás 17:15 horas.

 

Back to top button