ConcellosTrivesÚltima hora

Medio Rural valora coa alcaldesa de Trives implantar neste concello instrumentos de recuperación de terra agraria

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuníase esta mañá coa alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez. Nesta xuntanza avaliaron a posibilidade de implantar instrumentos de recuperación da terra agraria nesta localidade, co obxectivo de poñer en produción terras de boa capacidade produtiva que se atopen en estado de abandono ou infrautilización.

Asemade, estudaron as necesidades desta localidade en termos de mellora de infraestruturas agrarias.

 

Back to top button