ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Melchor, Gaspar e Baltasar, na misa de Reis na igrexa de Santa Rita do Barco

 

Na súa viaxe de regreso a Oriente, tras visitar cada casa e entregar esta noite multitude de agasallos, Melchor, Gaspar e Baltasar facían unha paradiña para achegarse ata a igrexa de Santa Rita do Barco e asistir, ás 12:30h., á misa de Reis.

 

 

Nada máis iniciarse a celebración relixiosa, entraban, para sorpresa dos nenos e de moitos maiores, portando os seus cofres con ouro, incenso e mirra e ofrecíanllos ao neno Xesús. Despois situábanse no altar, mentres o párroco do Barco, Jesús Álvarez, iniciaba a misa, que foi cantada polo coro de San Mauro. Este é o segundo ano que os Reis Magos visitan o 6 de xaneiro a igrexa de Santa Rita.

Fotos: O SIL.

Back to top button