Esta tarde melloraba a situación do incendio que nestes días afectaba ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá). Esta tarde os diferentes medios que interviñan nesta zona lograban controlar as chamas e practicamente apagalas no intre de escribir estas liñas.

Na loita contra o lume destes días en Rubiá tamén se contaba con mozos voluntarios, entre eles algún para o esta era a súa primeira experiencia nun incendio, pero que puxeron todo da súa parte para colaborar.
Fotos e vídeos: Pablo Prada.
