
O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, vén de adxudicar a reparación integral de dúas pistas municipais, en concreto as que levan ás localidades de Portela e de San Lourenzo, aldea dende aque se accede á Necrópole de San Vítor de Barxacova, moi concorrida por visitantes e mesmo microbuses e sita ademais nunha importante e fermosísima zona de viñedo en bancais.
Estas actuacións contan cun importe de 63.393,15 euros que o Concello presentou no programa de “Actuacións en camiños rurais”, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural dentro da PAC 2023-2027, que aportará 51.824.000 euros e aínda que actuación é bianual, o alcalde fará “un esforzo para que a maior parte da obra se execute neste ano”, segundo avanza.
A pesares dos desexos do alcalde de que estas actuacións estivesen realizadas hai tempo, “hai que esperar ao momento oportuno no que as obras teñan encaixe nalgunha subvención para seguir tendo remanente e así poder optar a outras subvencións e aportar a parte correspondente ao Concello”.
