ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Melloras no Campiño de Viana do Bolo, un dos espazos de lecer máis usados pola rapazada

 

O Concello de Viana do Bolo continúa realizando melloras nos espazos públicos e, nesta ocasión, as actuacións centráronse no Campiño, unha das zonas de encontro e lecer máis utilizadas pola rapazada da vila.

Así, co fin de facer este espazo “máis cómodo, funcional e agradable, leváronse a cabo varias actuacións”, o Concello levaba a cabo as seguintes actuacións: a colocación dunha pérgola, que ofrece sombra e resgardo ás familias mentres os nenos e nenas desfrutan das instalacións, a instalación dunha fonte de auga potable, ao servizo de todas as persoas usuarias do recinto, ademais do cementado do perímetro da zona para evitar o crecemento da maleza, facilitar as tarefas de mantemento e mellorar a imaxe do espazo”, segundo informa o Concello de Viana do Bolo.

Fotos: Concello de Viana do Bolo.

 

Back to top button