ConcellosManzanedaÚltima horaVídeos

Membros do BIEM V da Unidade Militar de Emerxencias (UME), en Manzaneda e Trives

 

Sesenta integrantes do Quinto Batallón de Intervención en Emerxencias (BIEM V), da Unidade Militar de Emerxencias (UME), cos seus respectivos vehículos pesados e lixeiros especializados, xa se atopan instalados no núcleo de Manzaneda no que permanecerán do 26 ao 30 de maio, para realizar prácticas de exercicio de instrución e adestramento en loita contra incendios forestais.

Pernoitarán no pavillón municipal e montarán campañas entre outros para comedores. Tamén tentarán explicar o seu labor e sensibilizar entre outros ás nenas e nenos do CEIP de Manzaneda. Á súa chegada eran recibidos polo alcalde, Amable Fernández.

 

 

Tamén en Trives

O Concello de Trives recibía hoxe a un destacamento de 40 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), que permanecerán no municipio durante unha semana realizando manobras de adestramento para a loita contra incendios forestais. A alcaldesa, Patricia Domínguez, e o concelleiro Fermín Santoveña deron a benvida ao equipo, que se aloxa nun inmoble municipal.

Os militares, pertencentes ao operativo do BIEM V, desprazáronse a Trives acompañados de 30 vehículos, tanto pesados como lixeiros. Esta unidade forma parte dun despregamento máis amplo que abrangue 360 militares e máis de 100 vehículos, distribuídos tamén noutros concellos da comarca como A Rúa, O Barco de Valdeorras e Manzaneda.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button