ConcellosO BarcoÚltima hora

Membros do BIEM V da Unidade Militar de Emerxencias (UME), tamén no Barco

 

Preto de 200 integrantes do Quinto Batallón de Intervención en Emerxencias (BIEM V), da Unidade Militar de Emerxencias (UME), cos seus respectivos vehículos pesados e lixeiros especializados, xa se atopan instalados no Barco, onde permanecerán do 26 ao 30 de maio, para realizar prácticas de exercicio de instrución e adestramento en loita contra incendios forestais. Están a pernoitar no pavillón municipal.

En concreto contan con 30 vehículos, entre lixeiros e pesados, e 2 helicópteros, segundo o Concello do Barco.

Fotos: O SIL.

Back to top button