Varios integrantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Valdeorras (GES) participaban na pasada semana nun curso de rescate en ríos, riadas e inundacións. Trátase dunha formación impartida pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), cunha duración de 24 horas e que se desenvolvía no río Ulla, en concreto, na localidade de Carcacía en Padrón.

Entre os asistentes a este curso estaban algúns dos GES de Valdeorras que tomaron parte como voluntarios nos labores de axuda ás zonas afectadas pola DINA na Comunidade Valenciana o pasado outono.
Fotos cedidas.