A RúaConcellosÚltima hora

Membros do V Batallón da UME de León, concentrados no Aguillón (A Rúa)

 

Dende hoxe e ata finais de mes, efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) están instalados na área recreativa do Aguillón, na Rúa.

En concreto son membros do V Batallón, con base en León, que durante dúas semanas realizarán exercicios para preparar a campaña contra incendios na zona de Valdeorras. A súa base está situada na zona do Pavillón Municipal de Deportes e nos próximos días incorporaranse ao grupo máis efectivos.

De momento están os módulos en pesado de dúas seccións de intervención que en total serán 30 vehículos e unhas 90 persoas, contando tamén cos do subgrupo táctico.

Fotos: Mónica G. Bellver

Back to top button