ConcellosÚltima horaVilamartín

Mercadiño, bingo, sorteo e pancetada da man da ANPA do CEIP Xosé M. Folla Respino, nas Festas de San Xurxo, en Vilamartín

Posto da ANPA nun mercadiño en Vilamartín./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O xoves 23 de abril comezan as festas patronais na honra de San Xurxo en Vilamartín de Valdeorras, cun completo programa musical, relixioso e lúdico no que coma sempre participa a ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino, con actividades na fin de semana.

Para o sábado 25 de abril organizan unha nova edición do mercadiño “Recicl’arte” a partir das 11 horas na praza do pobo, con sesión vermú e postos de artesanía, produtos típicos e de segunda man, doces,… Pola tarde terán un bingo popular.

 

 

E xa o domingo día 26 sortearán en directo durante a actuación da orquestra, unha cea e noite de hotel no Complexo Hosteleiro Paladium ademais dunha pancetada coa colaboración do Concedllo e da “comisión de festas que asará a carne para despois nós facer os bocadillos”, puntualizan dende a ANPA.

 

 

Back to top button